Os metadatos IV (Exiftool).

ExifTool é unha ferramenta creada por Phil Harvey disponibel nas distribucións de linux, que permitirános consultar, modificar e crear os metadatos existentes nos ficheiros. Como decíamos, ao estar nas propias distribucións podemos descargala dende os repositorios e instalar ou descargar a derradeira versión da web do desenrolador.

Exiftool está baseada en Perl e admite formatos de foto, jpeg, exif, ID3,XMP, etc, sendo ademáis multiplataforma e estando disponibel tamén para Windows e MacOs.

Con esta ferramenta podemos extraer os datos Exif, moi útil á hora de analizar unha fotografía xa que podemos obter información como a data e hora de creación dos arquivos, cando se modificaron, marca e modelo de cámara, a velocidade de obturación e a abertura, modo de flash, o nivel de zoom, propietario, axustes do iso, programas de edición de imaxes utilizados, etc…

Para o noso exercizo escollemos instalar con comandos.

Existe unha versión coa interface gráfica chamada ExifToolGUI que permite un manexo máis cómodo da aplicación. O punto feble é que só está disponibel para Pc.

exiftoolinsta

Para visualizar a información exif de calqueira arquivo escribimos:

exiftooljpeg

Deste xeito podemos ver todos os datos da foto.

exiftooljpeginfo

Para ver os datos de posición GPS dun conxunto de fotos:

exiftooljpeg gpsVemos que o análise non deu resultado.

Para saber cando se fixo a foto:

exitoolcreate

Para eliminar os metadatos:

exiftoolborrarmetad

Vemos que os metadatos están borrados.

exifmetaborrados

Con éste artigo rematamos a introducción aos metadatos, eu pola miña parte anímovos a que fagades as probas cos vosos arquivos, na rede tedes un feixe de información e consellos.

E lembra que a información é vosa. ¡Protéxea!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s