Claws Mail e GPG, usando GPG nos correos.

Neste artigo de hoxe faremos unha instalación de Claws Mail nun sistema de Windows e lle engadiremos encriptación mediante GPG. ClawsMailLogo

¿E por qué? Pois é unha pregunta que ten unha doada resposta. Cando utilizamos un servizo de correos coma Gmail, Outlock, YahooMail ou de outros provedores ISP, éstos pasan a través de servidores onde poden ser roubados mediante técnicas de “Home no Medio”. E aínda que os principáis provedores de correo deron un enorme paso ao permitir encriptar os nosos mails, non está de máis coñecer cómo configurar o noso xestor de correos e asignarlle encriptado GPG.

 A instalación de Claws Mail nonins claws 3 vos levará ningunha complicación e tras a súa finalización aparecerá unha pequena fiestra que vos pedirá se queredes que Claws Mail sexa o voso cliente de correo electrónico.

Tras aceptar completaráse a instalación e iniciaremos o noso xestor de correos, que a primeira vez que o executemos ofrecerános un asistente moi doado de seguir (disponibel a partir da versión 3.10).

De tódolos xeitos a creación dunha conta local é bastante doada, imos ver que pasos seguimos para a súa creación.

En primeiro lugar, ins claws 5en “Configuration” desplegamos o panel e seleccionamos “Create new account”.

E iríamos recheándo os datos, o nome da conta e os datos do teu correo, dende o teu nome ata a túa dirección de mail. En User ID porémos a nosa dirección de mail e no password pois o password do mail.ins claws 6

Debemos escoller se queremos o protocolo POP3 ou IMAP4, na páxina da Wikipedia podedes atopar as diferencias entre ambas e ver cál e mellor nunhas circunstancias e cal é mellor noutras. Eu para contas de Gmail (e dado que admite IMAP) escollín IMAP.

Tras fins claws 8acelo prememos en “Autoconfigure” e o propio Claws configurará as contas por nós.

Nun principio isto sería suficiente para configurar a conta, agora temos que configurar o noso correo para que nos permita o protocolo IMAP.

Para iso abrimos o noso correo (neste caso de práctica será Gmail) e imos a configuración e logo iremos á pestana de “Renvio de mensaxes e POP/IMAP. Nela activamos POP ou IMAP según a decisión que tomáramos. ins claws 10ins claws 11

Voltemos agora o noso Claws Mail, e veremos que apareceu unha mensaxe de erro cando creamos a nosa conta. Isto é debido a que Gmail rexeitou a petición de entrada de Claws. Na imaxe podemos ver as nosas contas (en negro a que está por defecto e a dereita un panel para editar, borrar, crear unha nova conta.

Para solucionar a mensaxe de erro voltaremos á nosa conta de gmail e veremos que hai unha mensaxe de correo advertíndonos que Gmail bloqueou un intento de acceso exterior, e dúas opcións, ou admitir que fumos nós ou verificar a seguridade da conta no caso contrario. Se entramos no link conforme fumos nós os que fixemos un intento de aceso ao Gmail aparecerá outra pantalla advertíndonos que se activamos esa opción podemos estar baixo a debilidade de aplicacións de terceiros que non garanten toda a seguridade (iso o dí Gmail a ins claws 13mesma compañía que ata que non se descobreu que se espiaba a nosa comunicación non se tomou en serio o encriptado de datos ^^).

  Finalmente nesta segunda parte do artigo faremos a instalación de GPG a través de plugins e explicaremos cómo funciona e para que serve GPG.ins claws 15

Os plugins de GPG proporcionan a posibilidade de firmar os correos, de cifralos, descifralos ou de creación de novos pares de claves. Ditos plugins os atoparemos na “Configuración” / “Plugins” e logo de pulsar “Load” cargaremos os 3 plugins de GPG.

PGP/Core encárgase das operacións básicas de PGP e proporciona autocompletado de direccións do anel de claves de GPG. É usado por outros plugins, coma PGP/Mine.

PGP/Line é o plugin para firmar ou descifrar mensaxes. Para enviar mensaxes en liña usaremos éste plugin.

PGP/Mine manexa os correos firmados/encriptados con éste plugin. Se enviamos adxuntos usaremos éste plugin.

Tras escribir o correo podemos encriptar o correo, ins claws 17escollendo o encriptado

dependendo dos plugins cargados.

Escollemos o plugin, para o caso o PGP/Line e seleccionaremos Sign (Firmar)/Encrypt (Encriptar). Logo de ter todo configurado pulsamos en Send/Enviar.

Unha mensaxe nos advirte que os adxuntos e a cabeceira non estarán enins claws 18criptados, tras o cal teremos que escoller a clave. Se non temos ningunha en Claws podemos escoller outra de fora.

Escollemos “Other/Otra” e no campo “ID” e tras seleccionar a clave podemos enviar a mensaxe.

Entramos na conta de correo que recibiú a mensaxe e vemos que efectivamente está encriptada en caractéres ilexibeis.

¿Cómo desencriptala? Para isto usaremos o programa GNU Privacy Assistant que foi instalado cando instalamos GPG4win. Copiamos a mensaxe recibida no Clipboard e pulsamos o botón de desencriptar, pedirá que introduzcamos a nosa clave e obteremos a mensaxe desencriptada.

ins claws 25ins claws 24As claves asimétricas funcionan da seguinte maneira, cando creamos a nosa clave obtemos duas “Keys”, unha privada que debemos conservar e non dar a ninguén e outra pública que poderemos exportar via web, mail, usb, etc.

A persoa que está doutro lado recibe a nosa clave pública. Ésa clave pública nosa lle vai server para firmar/encriptar as súas mensaxes/adxuntos. Cando nós recibimos a mensaxe encriptada coa nosa key pública, dado que só nós temos a clave privada poderemos desencriptar a mensaxe.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s