Creación dun USB de rescate.

yumi cerebriñoUnha das ferramentas que calqueira informático debe ter é un USB de rescate que nos permita acceder á nosa información do disco duro cando teñamos algún problema, así como poder facer fronte a outras amenazas tales coma virus ou amenazas exteriois.

yumi condYumi é o sucesor do MultibootISOs e pode ser usado para crear unha unidade flash de arrinque con varios Isos de Sistemas Operativos, utilidades de clonación, ferramentas de arrinque, etc.

O primeiro que temos que facer é descargalo á localización do ordenador que prefiramos (non require instalación) e insertar unha unidade USB (canto máis capacidade teña mellor) previamente formateada en FAT32.

Tras aceptar as condicións de licencia ábrese o panel de usuario de Yumi onde seleccionaremos o pincho usb que usaremos.

yumi escog usb

Se marcamos a opción “Show all drives” mostraría ademáis dos pinchos USB tamén o resto de discos duros presentes no noso ordenador.

Para evitar confusións e accidentes é mellor deixala sen marcar.

Escollemos a distribución de linux que imos instalar, neste caso imos optar por Ubuntu.

Se marcamos a opción “Opened Download Link” ábrese outra ventana que fará a descarga da distribución. Se o temos xa descargado coa opción de “Browse” podemos buscalo no noso Pc.

yumi ubuntu linuxTras descargalo usaremos o botón de “Browse” para escollela, e se non formateáramos o Usb anteriormente pincharemos en “Format X: Drive (isto só é necesario facelo a primeira vez.

Só queda premer no botón de “Create” para iniciar a copía do S.O. ao noso Usb.

yumi ubu creacTras finalizar a instalación podemos seguir usando Yumi para incluir outras distros ou ferramentas.

E para usalo é tan sinxelo coma configurar a nosa Bios para que arrinque dende a unidade usb e comezar a usar o noso Usb de arrinque.

yumi ub en explo   yumi ub linux

Arriba tedes unha imaxe da nosa distribución Ubuntu no noso Usb vista no explorador de Windows.yumi cerebriño

E á miña esquerda o meu Usb onde ademáis da distro Ubuntu teño incluido as ferramentas de Hiren´s Boot, un par de antivirus e ferramentas de rescate coma SystemRescueCd.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s